lunes, 16 de diciembre de 2013

As Xuventudes Socialistas de Betanzos recaudan en beneficio de Cruz Vermella Betanzos cunha “Chocolatada solidaria”

Este Luns 16 de Decembro, na Feira comarcal de Betanzos, as Xuventudes Socialistas de Betanzos organizaron unha “Chocolatada solidaria” na que todos os beneficios recaudados son donados a Cruz Vermella Betanzos.
A chocolatada consistía na venta de un vaso de chocolate quente acompañado de un doce a escoller entre un pedaciño de bica ou duas rosquillas caseiras, a prezo de 2€.
A agrupación, moi agradecida, contou coa colaboración de Máster Molares, que facilitou unha bombona de butano; Panadería Morrosco, que colaborou con unha bica e a Cervecería Internacional Zoki cunha mesa, cubertos e toda a axuda que se necesitou. Tamén é de agradecer a colaboración do Concello de Betanzos que facilitou o espacio na feira; tamén se contou coa axuda dunha veciña e amiga da agrupación que deixou un camping-gas có que puideron manter o chocolate quente.
Dende as Xuventudes Socialistas de Betanzos tamén agradecen enormemente a implicación dos veciños e visitantes coa causa, xa que actualmente moitas familias o están a pasar mal e toda axuda é importante, sobre todo nestas datas tan especiais.
Esta foi a primeira xornada da “Chocolatada solidaria”, e está previsto que se faga unha segunda quenda, probablemente o día 5 de Xaneiro.

domingo, 15 de septiembre de 2013

NOTA DE PRENSA XSG: “A segregación por sexo delata algunha frustración psicolóxica de Wert”

Os mozos e mozas socialistas presentaron hoxe a segunda parte da campaña #DereitoaEstudar en contra da segregación de alumnado por sexos
           
O secretario xeral, Aitor Bouza, indicou que “hoxe se cumpre un mes da aprobación da orde do DOGA que recolle os concertos educativos para a etapa 2013-2017”

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron hoxe a segunda parte da campaña de educación denunciando a segregación de alumnado por sexos cando se cumpre un mes despois da aprobación da orde do DOGA que “incumpre claramente a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a normativa actualmente en vigor ao primar desta forma o ensino privado e concertado sobre o ensino público de calidade”.

O Secretario Xeral das XSG denunciou que “esta medida é froito dunha aberración ideolóxica e sectaria na que agora se introduce o Goberno galego outorgando irresponsablemente os concertos a un grupo de centros fortemente vinculados aos intereses do Opus Dei”. “Un goberno dun Estado democrático e aconfesional non pode lexislar exclusivamente en favor dos intereses da Igrexa Católica. Se Rouco quere impartir doutrina nas nosas escolas, educaremos e formaremos nós nas súas”.

A Organización salientou que “as políticas do Partido Popular non son cuestión da crise económica, senón da crise de valores que sofren os seus dirixentes que apostan cada vez máis por medidas anacrónicas retrógradas e fascistas”. “Este reparto por sexo ao máis puro estilo franquista fainos pensar que Wert tratou de plasmar no proxecto algunha frustración psicolóxica”.

O líder das XSG lembrou que “os socialistas insistimos no ensino mixto e en garantir a educación en valores constitucionais como se plasmaba na materia de Educación para a Cidadanía que implantou Zapatero”. “Os concertos con eses cinco centros foron eliminados polo goberno socialista e recuperados polo goberno de Feijóo ao chegar ao poder”.

Bouza sinalou que “cos tres millóns de euros que custan estes concertos poderíanse volver a subvencionar os libros de texto”. “O Partido Popular mantivo a salvo estes centros mentres suprimiu 45 aulas e implantou o copago nos comedores escolares”.

Os mozos e mozas socialistas remataron lembrando que “cada curso comeza cunha diminución importante de profesorado eliminando nos últimos dous anos case 1300 docentes".

lunes, 9 de septiembre de 2013

Os mozos e mozas socialistas remataron lembrando que “cada curso comeza cunha diminución importante de profesorado eliminando nos últimos dous anos case 1300 docentes”.

miércoles, 4 de septiembre de 2013

NOTA DE PRENSA XSG: “É inadmisíbel que Gallardón queira entremeterse na decisión das mulleres”

Os mozos e mozas socialistas alertaron da “volta ao franquismo que supón esta lei que pon en perigo a vida das mulleres sen solucionar o problema dos embarazos non desexados”
O secretario xeral, Aitor Bouza, condenou que “o Goberno do PP basee todas as súas políticas en prexuízos morais marcados pola Igrexa católica e polos sectores máis rancios”

                                                                                        Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) esixiu novamente ao Goberno tras as declaración do ministro Gallardón que “cese nas súas intencións de modificar a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo e volva a situar a España na cola de dereitos e liberdades das mulleres”.

O secretario xeral, Aitor Bouza, definiu a proposta de reforma da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo como “un retroceso propio de tempos franquistas que amosa unha posición ultraconservadora por parte da dereita española retirándolle o dereito a decidir ás mulleres”.

O líder das XSG reivindicou a “Lei IVE aprobada polo Goberno socialista baseada en prazos que lexitimaban o dereito a decidir das mulleres”. Para Bouza, esta lexislación “non se trataba simplemente dunha ‘Lei do aborto’, senón dun plan que acadou a diminución do número de interrupcións voluntarias do embarazo grazas ao aumento da educación sexual e reprodutiva”.

Bouza cuestionou a constitucionalidade desta reforma, xa que “non garante os dereitos fundamentais das mulleres”. “O que propón o Partido Popular constitúe un gran risco para a súa vida e a súa saúde e condena a súa liberdade de decisión obrigándoas a recorrer á clandestinidade para dispoñer deste dereito”.

En opinión das Xuventudes Socialistas, “a reforma da Lei IVE corresponde exclusivamente a razóns ideolóxicas lideradas pola Igrexa católica e retoma as condicións que establecía a lei do ano 85, relegando a España á cola dos dereitos das mulleres con respecto ao resto de países europeos”.

“O Partido Popular non pode insultar de novo á cidadanía promovendo a idea de que esta reforma atende a razóns de austeridade” –engadiu Bouza. “A igualdade entre homes e mulleres non entende de retallos que atentan contra uns dereitos adquiridos grazas á democracia” –concluíu.

domingo, 1 de septiembre de 2013

COMUNICADO XSG: XSG: “Wert expulsa a patadas a 85.000 universitarios e segue durmindo tranquilo”

Os mozos e mozas socialistas presentaron a campaña #dereitoaestudar en defensa das bolsas e dos comedores escolares e en denuncia da segregación de alumnado por sexo e da LOMCE
                                                                                
O secretario xeral, Aitor Bouza, salientou que “para os estudantes con recursos o aprobado estará nun 5 e para os bolseiros o PP pon o listón no 6,5 rompendo a equidade”

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2013

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron hoxe a campaña #dereitoaestudar que consistirá na denuncia da aplicación da LOMCE e da segregación de alumnado por sexo e  na defensa dos comedores escolares e das bolsas. A acción desta campaña consistirá no contacto con diferentes organizacións e asociacións sindicais e estudantís, a difusión de información nas redes sociais e na rúa así como na presentación dunha moción nos Concellos que abarcará todos os devanditos ámbitos.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, salientou que “o ministro Wert atopou outro xeito máis de erradicar a igualdade de oportunidades que brindaba a política de bolsas e moitos e moitas estudantes dependían en gran medida destas axudas para facer fronte aos custos da súa formación”. “O modelo de bolsas do PP é inxusto, ineficaz e carece dun diagnóstico claro do que a nosa sociedade precisa para o futuro, dende o punto de vista da cohesión social e o desenvolvemento económico”.

Os mozos e mozas socialistas sinalaron que “o Real Decreto sobre becas aprobado o pasado 2 de agosto xunto cos recortes realizados dende a chegada do PP ao Goberno deixará sen beca ao 30% dos que a recibían”. “Máis de 85000 estudantes perderán a súa beca mentres Wert se vangloria de dicir no Congreso que subiu a partida de bolsas”.   

A Organización lembrou que “agora os estudantes terán que ter un 6,5 para poder recibir a bolsa despois de manter un expediente académico por riba da media anteriormente”. “É un disparate converter as bolsas nun privilexio ou nun premio como fixo Wert con este decreto, xa que a natureza destas foi e debe seguir sendo que as reciban quen máis as precise”.
                                
O líder das XSG salientou o exemplo de Andalucía, con goberno socialista, “onde se mantivo o programa das bolsas e axudas máis amplo de España aumentándose un 14%, ofrecendo a gratuidade dos libros de texto e do transporte e garantindo máis recursos para a vida escolar”.

Bouza afirmou que “estamos volvendo á educación franquista, un período que tanto lle gusta ás Novas Xeracións, na que só poderán acceder a ela os que teñan cartos para pagala”.
Os mozos e mozas socialistas concluíron esixindo novamente a dimisión do ministro Wert. “O Ministro de Educación nin escoita, nin coñece a situación de miles de mozos e mozas que están no límite de seren expulsados da Universidade por impagos”.

ESTAMOS DE VOLTA!!